World Day for Decent Work

José Antonio Gómez : “Non imos permitir que os traballadores sexan os que paguen o peso desta crise”

Extracto da entrevista publicada en El Correo Gallego, do 6 de outubro de 2008

José Antonio Gómez : “Non imos permitir que os traballadores sexan os que paguen o peso desta crise”

O líder de UGT en Galicia sinala que a aprobación da directiva suporía “retroceder incluso ao século XIX”

– ¿É decente elevar a xornada laboral de 48 a 65 horas? – Non é decente e, ademais, constitúe unha regresión en materia de dereitos laborais e un paso cara atrás moi perigoso que tiraría abaixo moitas das conquistas laborais dos últimos anos retrocedendo, incluso, ata case o século XIX. Xa no 1919 establecíase a semana de 48 horas, que a UE viña recoñecendo estes principios dende a súa fundación.

– ¿Porque propón o aumento agora? – A Directiva non é allea a un contexto de globalización inxusta marcado por unha crise mundial na que Europa está a tomar medidas perigosas. A mensaxe que parece enviar con esta directiva e outras, como a directiva de retorno, é que lles pechamos a porta aos inmigrantes pero como temos que seguir explotando ó factor traballo, alongámoslle a xornada laboral ata as 65 horas aos traballadores autóctonos para que sexan os traballadores os que paguen o peso da crise.

– ¿Onde deixa esta medida a negociación colectiva e o diálogo social? – O primeiro, esta medida o que fai é individualizar as relacións laborais ao establecer que empresario e traballador poderán poñerse de acordo para que a xornada deste último se poida prolongar ata as sesenta e cinco horas. O acordo individual entre empresa e traballador deixa a este nunha posición de negociación máis débil e, practicamente, a mercé da empresa. A todas luces, esta medida supón un atentado contra o corazón mesmo das relacións laborais, a negociación colectiva, e un paso cara a atrás en moitos dos acordos conseguidos nos últimos tempos.

– As administracións española e galega, ¿rexeitárona como era debido? – Nestes momentos contamos con senllas mocións parlamentarias de rexeitamento á directiva, apoiadas por todos os grupos, tanto do Parlamento estatal como do galego. Tamén existen mocións moi similares en moitos dos concellos galegos. E, ademais, os gobernos galego e español xa se pronunciaron en contra da medida e amosaron o seu apoio á mobilización do día 7.

– As 35 horas, ¿son hoxe inviables? – Hai que precisar que a directiva aínda non foi validada nin convertida en norma: hai tempo para poñerlle freo e por iso imos manifestarnos o vindeiro día 7. Consideramos que os obxectivos de repartición de traballo e reorganización do tempo de traballo co fin de garantir a conciliación da vida laboral e persoal están hoxe máis vixentes que nunca.

– ¿Que lle diría vostede a Díaz Ferrán, que quere facilitar o despedimento nestes tempos de crise? – Pois algo moi fácil de entender. Esta crise é a consecuencia dunha serie de factores, externos ao noso propio país, a crise do petróleo, a crise financeira e cunha base especulativa moi forte. Nestes factores nada teñen que ver os traballadores, polo que non imos consentir que sexan os pagáns dunha situación que non crearon.

contribute

This forum is moderated beforehand: your contribution will only appear after being validated by a site administrator.


Graphic Design: Jean-Yves Leblon - Pixeleyes | Web agency: TTTP

© ITUC/CSI/IGB 2008

Follow-up of the site's activity RSS feed

Private area | Site Map | Contact | Privacy policy